Á partir dunha imaxe de Díaz Castro e duns versos do seu poema "Esmeralda" (Nimbos, Galaxia 1961), que nos tomamos a licenza de modificar, facemos unha chamada á xuventude e á sociedade en xeral para animarse a falar galego.
luns, 7 de abril de 2014
E ti, avergónzaste?
Presentamos aquí un cartaz para homenaxear as nosas Letras e a nosa Lingua.
Á partir dunha imaxe de Díaz Castro e duns versos do seu poema "Esmeralda" (Nimbos, Galaxia 1961), que nos tomamos a licenza de modificar, facemos unha chamada á xuventude e á sociedade en xeral para animarse a falar galego.
Á partir dunha imaxe de Díaz Castro e duns versos do seu poema "Esmeralda" (Nimbos, Galaxia 1961), que nos tomamos a licenza de modificar, facemos unha chamada á xuventude e á sociedade en xeral para animarse a falar galego.
martes, 25 de marzo de 2014
Videopoema de Díaz Castro
Adiantándonos á homenaxe do Día das Letras Galegas, déixovos aquí un vídeo sobre un poemiña de Díaz Castro, "Esemeralada". Nesta ocasión, como fondo musical escollemos un arquivo de audio coa voz dun alumno de Infantil de tres anos do noso centro, que recita os versos que acompañan as imaxes seleccinadas.
Tivemos algúns problemiñas co audio, así que esperamos mellorar a calidade para os vindeiros videopoemas que realicemos desde o Departamento.
Videopoema de Díaz Castro by Slidely Slides
Videopoema de Díaz Castro by Slidely Slides
venres, 7 de marzo de 2014
Tópicos da novela negra
Como a primeira recomendación de lectura que fixemos era As sete mortes, de Carlos Vila Sexto, mostramos aquí unha breve presentación sobre algúns dos tópicos que máis se repiten dentro do subxénero da novela negra ou policial.
venres, 28 de febreiro de 2014
As TICs na Literatura
Con este blog, alén de mellorar a nosa competencia dixital e guiar a do noso alumnado, pretendemos,como dixemos na nosa presentación, dinamizar e sementar o gusto pola lectura e que as rapazas e os rapaces empecen a usar as novas tecnoloxías para expoñer as súas críticas literarias, os seus gustos, os temas que lles atraen máis, autores preferidos,etc... pero ao mesmo tempo que fagan un uso adecuado destas tecnoloxías, que saiban discernir información, poñela en tea de xuízo; ser respectuosos, non expoñer datos persoais que os comprometan así como non subir fotos persoais; etc...
Dedicaremos unha sesión a recodarlles as vantaxes e os perigos que acarrean estas tecnoloxías dende a educación:
E logo xa nos dedicaremos a explicar como elaborar entradas sobre o tema que nos ocupa, que non era outro que dar a coñecer e vender as nosas lecturas. Para iso propoñemos varios puntos:
1º) Acudir á biblioteca do centro e escoller un título. Aproveitamos que temos varios exemplares de As sete mortes, de Carlos Vila Sexto e tomámola como exemplo:
2º) A medida que van lendo a obra ir propoñendo cuestións aos compañeiros ou pequenos xogos de acertixos, por exemplo, verbo desta lectura:
Ex. : Ao
principio da historia, un dos personaxes que é asasinado ten tatuado un
tríscele no seu corpo. Esta tatuaxe terá un valor simbólico ao longo da
obra. Sabedes o que é un tríscele ou trisquel e o que significa?
3º) Despois de rematar a lectura da obra deixar unha pequena reseña que sexa atractiva e incite aos demais a lela.
Ex. Ourense, un home especial
que traballa para un traficante de droga e ten que meterse pastillas
todos os días. As feridas rexenéranse, sobrevive a todos os ataques. Ata
que todo vai empezar a cambiar cando chega xunto a el un vello que
morre no momento e lle deixa unha mensaxe. Aquí comeza unha especial aventura para descifrar quen é, por que é inmortal, quen era o vello...
mércores, 26 de febreiro de 2014
E ti, que les?
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


